Lactogal SA, empresa propietaria en España de Leche Celta, anunciou unha suba de cinco céntimos no pago do leite aos seus produtores de Portugal. O aumento será efectivo a partir do 1 de abril e fixa o prezo a percibir polos gandeiros portugueses nuns 42 céntimos por litro máis IVE.