As charlas da xornada técnica sobre xestión de xurro do CIAM, na nosa sección de tv

As charlas da xornada técnica sobre xestión de xurro do CIAM, na nosa sección de tv

Empezamos a compartir os vídeos na sección de tv da nosa web sobre a xornada que tivo lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), en Abegondo (A Coruña), o pasado 25 de novembro. "Melloremos a sustenibilidade das explotacións con boas prácticas na xestión do xurro" foi o título deste encontro, que se desenvolveu no salón de actos do CIAM e que tamén se puido seguir de maneira virtual.

José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), e Abelardo Nimo, director do CIAM, presentaron a xornada na que participaron María Isabel García, investigadora do CIAM-Agacal; Jesús Martínez, técnico do servizo de avaliación ambiental; Henrique Trindade, profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; Gregorio Salcedo, profesor do CIFP La Granja en Cantabria, e Dolores Báez, investigadora do CIAM-Agacal. Posteriormente, Juan Castro, investigador do CIAM-Agacal, moderou a mesa redonda que puxo fin ao evento.