Moitos centros da comunidade autónoma de Cataluña participan nunha iniciativa que potencia e conciencia sobre as vantaxes de consumir produtos lácteos, a cal está financiada pola Generalitat de Catalunya e a Unión Europea.
Esta campaña consiste en ofrecer leite gratuíto nos almorzos e merendas dos centros escolares, dar a coñecer o papel do leite como alimento importante e implicar a toda a comunidade educativa para que os hábitos alimenticios adquiridos na infancia sexan decisivos no comportamento alimentario na idade adulta.
No tríptico desta campaña, enfocado aos máis pequeños, tamén se explica todo o que se necesita saber do leite, como por exemplo, que se trata dunha fonte de proteínas, calcio, vitaminas e minerais, ou que se recomenda un consumo de 2 ou 3 racións diarias de produtos lácteos. Tamén aporta unha serie de consellos para que os nenos teñan hábitos saudables.