As empresas e granxas interesadas poden ofertar prácticas para os alumnos da FP dual de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal

As empresas e granxas interesadas poden ofertar prácticas para os alumnos da FP dual de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal

Os Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEAs) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) levan preto de cincuenta anos formando profesionais no sector agrario galego, o que permite ofrecerlles unha formación de calidade. Os numerosos proxectos colaborativos con empresas, universidades e administración públicas permiten outorgar unha formación integral do alumnado, traducíndose isto nunhas boas cifras de inserción laboral.

Os ciclos impartidos na modalidade dual intensiva, coma é o caso do ciclo superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, no CFEA de Sergude (Boqueixón), requiren do establecemento de convenios con empresas do sector onde o alumnado completa a súa formación. As empresas e ganderías interesadas aínda están a tempo de establecer convenios de colaboración; para iso, deben poñerse en contacto co centro en cuestión, neste caso, o CFEA de Sergude.

Os outros centros cos que aínda se poden establecer convenios de colaboración para completar a formación dos seus alumnos son os seguintes:

  • CFEA de Guisamo (Bergondo): ciclo medio de Xardinaría e Floraría e ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural.
  • CFEA Pedro Murias (Ribadeo): ciclo medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e ciclo medio de Produción Agroecolóxica.