A sección de tv da nosa web acábase de actualizar con os vídeos da IX Xornada Provincial de Afrile, celebrada o 25 de novembro en Palanquinos (León).
A cita deu comezo coa apertura por parte do presidente de Afrile, Froilán García. Seguiuno Ángel María Gómez, director xeral de Política Agraria Comunitaria, quen abordou os temas clave da nova PAC. Logo, foi a quenda de Josep Romero-Font, que tratou o estrés por calor e o cambio climático. Para pechar a sesión, levouse a cabo unha mesa redonda moderada por Francisco Javier González, director xerente da Asociación Frisona Andaluza.
Como broche final entregáronse os diplomas ás mellores vacas e ganderías da provincia.