As técnicas do centro veterinario Meira y de Serpevo, mañá en La Hora del Robot

As técnicas do centro veterinario Meira y de Serpevo, mañá en La Hora del Robot

Mañá ás 13:00 horas volven as emisións da Hora do Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de ordeño organizada por Hipra. Nesta terceira entrega, participarán as técnicas veterinarias de Servepo Carlota Lázare e Rocío Álvarez e a técnica veterinaria do centro veterinario Meira Mónica Mon. Todo o evento poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.

ENVÍANOS AS TÚAS DÚBIDAS ANTES DA EMISIÓN

Lembrámosvos que os espectadores poderedes enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as vosas dúbidas ou, se o preferides, tamén podedes deixar xa os vosos comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com, ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.