Leche Río nega ter sido sancionado pola AICA por incumprir a lexislación

Leche Río nega ter sido sancionado pola AICA por incumprir a lexislación

O Grupo Leche Río emitiu hoxe un comunicado en resposta ás informacións publicadas sobre a sanción imposta pola Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) a esta industria, xunto a Lactalis e Celega, por non cumprir co estipulado na lexislación no que se refire aos contratos de compra aos produtores.

Dende Leche Río negan ter sido sancionados porque os contratos non inclúan a información mínima que é obrigatoria de acordo coa Lei de cadea alimentaria, e sinalan que se trata dun erro administrativo por "non facilitar a documentación requirida pola AICA no tempo establecido". Así mesmo, explican que xa recorreron a sanción ao entender que "se trata dun erro administrativo, sen culpa nin dolo, polo que non debe carrexar unha sanción" e que teñen prevista a celebración da vista no mes de maio.