Retos das ganderías de leite no horizonte 2030 é a temática sobre a que xirará o II Foro Empresarial Lácteo, organizado pola Asociación EFA Fonteboa e a Cooperativa Agraria Provincial. O evento terá lugar no edificio municipal de usos múltiples do concello de Coristanco (A Coruña) os vindeiros días 19, 21 e 23 de febreiro.
O luns 19 de febreiro será a primeira das sesións, da man de José Luís Acción, xefe da área do Fogga na Consellería do Medio Rural, e tratará sobre a adaptación dos produtores lácteos á normativa vixente. José Luís Antuña, conselleiro de Quescrem, encargarase da sesión do mércores 21 de febreiro: Posicionamento ante a globalización dos mercados internacionais. O II Foro Empresarial Lácteo chegará ao seu fin o venres 23 de febreiro, cunha xornada centrada na relación entre produtores e industrias nun marco de sustentabilidade e interdependencia.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a través do código QR dispoñible no programa do encontro: