Chega a IX Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Chega a IX Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

O pasado, o presente e o futuro do asesoramento é o tema principal da nova edición da Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF). Nesta ocasión, renderán homenaxe a todas as persoas que dedicaron a súa vida profesional á extinta extensión agraria.

O encontro terá lugar os vindeiros venres e sábado 24 e 25 de maio no CFEA Pedro Murias en Ribadeo (Lugo). A presentación das xornadas correrá a cargo de Daniel García, da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo; Olga Iglesias, Directora Territorial de Medio Rural en Lugo; Daniel Vega, alcalde de Ribadeo, e Isabel Gómez, presidenta da SGPF.

Os interesados en acudir deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a sgpf.galicia@gmail.com ou a través dos teléfonos 686 62 01 54 ou 628 71 32 63.