Chega unha nova edición de Feiradeza

Chega unha nova edición de Feiradeza

Os días 30 de xuño, e 1 e 2 de xullo, terá lugar a XXXVIII Feiradeza co Open Internacional da Raza Frisona, en Lalín (Pontevedra). O xuíz internacional Bonet Cid será quen valore os animais participantes. O certame comezará o venres co XVI Concurso de Novos Preparadores de Gando.

Na mañá do sábado chegará a quenda das xatas e xovencas. Esa mesma tarde, celebrarase o XXXIII Concurso de Novos Manexadores. O evento continúa ao día seguinte coas seccións de vacas e os campionatos; xusto despois, coa entrega de premios e sorteos, finalizará o encontro.