Os consumidores de ¿Quién es el jefe? votan a favor de aumentar a remuneración dos gandeiros en 7 céntimos por litro de leite

Os consumidores de ¿Quién es el jefe? votan a favor de aumentar a remuneración dos gandeiros en 7 céntimos por litro de leite

Os consumidores da iniciativa social ¿Quién es el jefe?, cuxo reto é crear colectivamente produtos de alimentación que garantan un soldo xusto aos seus produtores, decidiron aumentarlle a remuneración aos seus produtores de leite.

Este incremento produciuse tras realizar unha consulta tanto aos gandeiros de leite como aos propios consumidores membros da iniciativa. Ambas as partes responderon de forma positiva a esta proposta, que repercutirá no prezo final do leite e tamén en garantir un pago xusto polo produto en orixe.

Alertada polos gandeiros da iniciativa do aumento sen precedentes dos custos de produción (enerxía, fertilizantes, pensos) dos últimos meses, ¿Quién es el jefe? decidiu lanzar a finais de marzo unha consulta a todos os seus produtores de leite asociados para preguntarlles cantos céntimos estimaban necesarios para facer fronte a este aumento de custos. Con todas as respostas e un encontro virtual entre o director de fábrica, gandeiros e consumidores, chegaron a unha cifra exacta de sete céntimos por litro (de 0,39 €/l a 0,46 €/l).

Ademais, debido a que estas subidas tamén inciden nos custos de fabricación e loxística (gasolina, luz, envases...) foi necesario adaptar os prezos finais dos tres tipos de leite a esta nova realidade e, para validalos, convocouse unha votación para que os consumidores membros da iniciativa decidisen por maioría se aceptaban esta subida ou non.

O resultado da votación foi a favor da subida de prezo. Un incremento no prezo por litro que mellora o día a día do quefacer do gandeiro e que ademais segue manténdose dentro dos prezos medios dos liñais. Así, o litro de leite de QEEJ pasará a custar: leite desnatada, de 0,79 € a 0,90 €; semidesnatada, de 0,83 € a 0,95 €, e enteira, de 0,87 € a 0,99 €.