A XXIX edición do Concurso Rexional da Raza Frisona de Galicia terá lugar esta fin de semana no recinto Lalín Arena, do Concello de Lalín, no marco da celebración da XXXVI Feiradeza.
O catálogo con toda a información sobre as ganderías e animais participantes xa está dispoñible na nosa web.
Tamén podes consultar o libro da Poxa de Gando Frisón nesta ligazón.