Os valores da manteiga e do queixo aumentan en Fonterra

Os valores da manteiga e do queixo aumentan en Fonterra

O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos diminuíu levemente na xornada de onte en Fonterra con respecto á anterior quincena: un -1,5 % menos, ata os 3.414 $/tonelada.

Porén, destacaron especialmente na poxa celebrada o martes os valores da manteiga e do queixo, cun notable incremento. A manteiga rexistrou unha suba importante, do 3,8 %, e chega a un prezo final de 4.922 $/tonelada. O queixo mellora un 1,5 %, que rexistrou onte 5.086 $/tonelada, un custo elevado.

Por outra banda, baixan lixeiramente os prezos do leite enteiro en po (-2,0%) e do leite desnatado en po (-2,4%), ata os 3.264 $/tonelada e os 2.769 $/tonelada, respectivamente.