Mañá comezan os XVII Encontros Gandeiros de Xundeva en Lalín

Mañá comezan os XVII Encontros Gandeiros de Xundeva en Lalín

O Pazo de Liñares de Lalín (Pontevedra) acolle mañá, xoves 3 de novembro, a 17.ª edición dos Encontros Gandeiros da ADSG Xundeva. A cita dará comezo ás 11:00 horas cun café de benvida e a inauguración da xornada a cargo de Manuel Fernández, presidente de Xundeva, e Avelino Souto, concelleiro de Medio Rural de Lalín.

A primeira charla será ás 12:00 horas e intervirá Manuel Cerviño (Boehringer Ingelheim) coa súa exposición "Diarreas en animais neonatos, que facemos mal? Puntos críticos que debemos mellorar". A continuación, Antonio Souto (Hipra) e Pilar Aira (Xundeva) apoiaranse en casos prácticos para falar sobre a rendibilidade de vacinar fronte á mastite. A última exposición, a cargo de Carlos Carbonell (MSD) e Bárbara Fernández (Xundeva), centrarase en aspectos relacionados co manexo da recría. Para finalizar haberá un acto de clausura e unha comida.

Programa completo