Mañá haberá novas concentracións de gandeiros en Madrid e Cantabria

Mañá haberá novas concentracións de gandeiros en Madrid e Cantabria

O peche continuado de granxas ano tras ano vese agravado agora por un desorbitado incremento de custos de produción. É por iso polo que Unión de Unións de Agricultores e Gandeiros convocou a unha representación de gandeiros do sector lácteo das súas organizacións territoriais a unha concentración mañá xoves, día 25 de novembro ás 12:00 h, fronte á sede da multinacional francesa Lactalis en Madrid, para reclamar á industria láctea máis grande que opera en España, responsabilidade ante a ruína dos gandeiros de leite en España. A organización reivindicará á industria a súa responsabilidade para un cambio que os gandeiros de leite necesitan de forma inmediata para seguir abertos.

Doutra banda, en Cantabria, desenvolverase outra concentración ás 12:00 h, convocada por Aigas, Asaja Cantabria, UPA e UGAM COAG, ante a fábrica de Andía Lácteos, na localidade de Renedo.