A próxima semana Manto Maquinaria ofrecerá nas súas instalacións de Lugo unha xornada de formación sobre sistemas de autoguiados e apeiros ISOBUS.
Será o xoves 19 de xaneiro, desde as 9:00 ata as 19:00 horas (con pausa para comer). O número de prazas é limitado. Para asistir é necesario solicitalo chamando ao 982 315 808 ou enviando un correo electrónico a miguel@mantomaquinaria.com.