Manuel Sandamil, novo presidente de Conafe

Manuel Sandamil, novo presidente de Conafe

A Confederación de Asociacións de Frisona Española (Conafe) celebrou hoxe a súa Asamblea Xeral na súa sede social de Madrid, durante a que se formalizou a renovación da súa Xunta de Goberno para un periodo de catro anos e pola que Manuel Sandamil (Fefriga) asumiu o cargo como novo presidente en relevo de Germán de la Vega (AFCA).

Manuel Sandamil, propietario da gandería SAT A Vereda (Lugo, Galicia), estará acompañado por José Emilio García Suarez (Ascolaf), que seguirá sendo vicepresidente da Confederación; José Antonio Hernández Martín (Fefricale), que continúa como tesoureiro, e José María Miguel Porras (Africama), como interventor. Súmase como secretario Ángel García Hernández (Afridema), en substitución do propio Sandamil que ostentaba este cargo na anterior Xunta.

A nueva Xunta de Goberno complétase cos vogais: Antonio García Ruiz (AFA), Jaime Olascoaga Enseñat (AFB), Germán de la Vega Delgado (AFCA), Andrés Planillo Torres (AFNA), Carlos Manuel Sánchez García (Afriara), Jon Joseba Agirre Galdón (Efrife), Toni García (Fefric), e a directora xerente, Sofía Alday Martínez de Cestafe.