A Federación de Frisona Gallega (Fefriga) celebrou o pasado venres as eleccións para renovar os cargos da súa xunta directiva. Manuel Sandamil, de SAT A Vereda, en representación de Africor Lugo, renova o cargo como presidente da federación. O restante da nova xunta directiva componse agora por:
- Vicepresidente: Fernando Suárez, de Granxa Suárez, en representación de Africor Coruña.
- Secretario: Jesús Manuel Manteiga, de Ganadería Manteiga, en representación de Africor Pontevedra.
- Tesoureira: Teresa Simón Valladares, de Ganadería Simval, en representación de Africor Pontevedra.
- Interventor: Julio López, de Quintián, en representación de Africor Lugo.
- Vocales: David Quelle, de Antelana, en representación de Africor Ourense; Antonio Pérez, de O Cantón, en representación de Africor Ourense, e Miguel Pazos, de Ganadería Serpe, en representación de Africor Coruña.