O pasado venres, María José Gómez, conselleira de Medio Rural, acompañada por Juan José Cerviño, director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, e por Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo, mantivo un encontro co presidente e membros da directiva do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo.
A reunión serviu como primeira toma de contacto entre os responsables de Medio Rural e este colectivo, co obxectivo de reforzar a colaboración institucional existente. No encontro abordáronse diferentes temas de interese para o agro galego, como son o veterinario de explotación, a necesidade de fomentar un incremento de valor engadido das producións agrogandeiras, a promoción do consumo de carne entre a cidadanía ou o reforzo da atención ás enfermidades emerxentes do gando, entre outras cuestións.