Máis de 200.000 euros en axudas para compensar as mortes do gando

Máis de 200.000 euros en axudas para compensar as mortes do gando

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a segunda convocatoria de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando, pola morte de animais ou pola destrución de produtos, a cal alcanza os 200.000 euros. 

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas e entidades titulares de animais que se sacrifiquen ou morran por reaccionar ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes. Tamén os que teñan animais e produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

O prazo para a presentación das solicitudes comeza mañá e prorrogarase ata o día 30 de novembro de 2022.