A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Facultade de Veterinaria da USC veñen de acordar intensificar a súa colaboración en materia de formación para estudantes tanto da Consellería como da facultade no campus de Lugo. Neste sentido, a conselleira María José Gómez e o decano Gonzalo Fernández destacaron a importancia desta cooperación, subliñando a relación existente entre a facultade e centros como o CFEA de Sergude e o CIAM de Mabegondo.
Ambas partes afondarán no desenvolvemento de novas accións formativas para os seus respectivos alumnos. Así mesmo, ampliarán o convenio educativo xa vixente, permitindo que estudantes de mestrado realicen prácticas curriculares e extracurriculares. Ademais, 64 estudantes do CFEA xa participaron en prácticas no Hospital Veterinario Rof Codina, e os da facultade reciben formación do CIAM, entre a que destaca a colaboración no Máster de Produción de Leite.