A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este venres, 25 de marzo, ás 16:00 horas no seu salón de actos unha mesa redonda sobre como afrontar a suba dos prezos dos insumos nas granxas de leite a consecuencia da guerra en Ucraína.
Na charla intervirán Gonzalo Flores (xefe do departamento de pastos e cultivos do CIAM), Rubén García (responsable de xestión técnico-económica de Os Irmandiños, SCG), Iann Pouliquen (xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza, SL) e parte do equipo técnico da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.