Mesa redonda sobre as estratexias das industrias para revalorizar o leite en Fonteboa

Mesa redonda sobre as estratexias das industrias para revalorizar o leite en Fonteboa

A Escola de Formación Agraria EFA-Fonteboa ofrecerá mañá no salón de actos de A Rocheira (Coristanco, A Coruña) ás 12:00 horas unha mesa redonda na que se abordarán as estratexias que traballan dende as insutrias lácteas para poñer en valor o leite. No acto, moderado por Luis García (EFA Fonteboa), participarán Olga Pazo (Leche Pascual), Sergio García (Agaca), Matilde Hernández (Naturleite), Juan Manuel Fiz (Inleit) e Sabela Oca (Clun).