Este martes, o xestor da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), José Manuel Rus, tivo un encontro nas oficinas centrais de Caixa Rural Galega en Lugo cos responsables da entidade.
Na cita estiveron presentes Manuel Varela López, presidente, Jesús A. Méndez Álvarez-Cedrón, xestor xeral, e José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega.
Rus entregoulles un diploma e un pin para agradecerlles a colaboración da entidade financieira coa organización da Moexmu, que xa prepara a 41.ª edición para abril de 2025.