Nace a Plataforma de Vixilancia Sindrómica Veterinaria

Nace a Plataforma de Vixilancia Sindrómica Veterinaria

O Grupo Operativo para a Mellora dos Sistemas de Recollida e Alerta Sanitaria Animal (Mesrasa), constituído pola Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG), a empresa tecnolóxica Molvidat, Francisco Barrueco SL, o Instituto de Investigación Agroalimentaria de Catalunya (IRTA), a Universidade Autónoma de Barcelona, Agroseguro e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación (MAPA), conclúe o seu tres anos de traballo coa posta en marcha da Plataforma de Vixilancia Sindrómica Veterinaria.

Dita plataforma proporcionará información sanitaria, en tempo real, de boa parte da cabana gandeira co obxectivo de mellorar a comunicación entre gandeiros, veterinarios, empresas xestoras da recollida e distintos organismos oficiais, a través de dúas ferramentas básicas: A rede de veterinarios sentinelas e o estudo de mortalidades

Mesrasa pretende automatizar todo o fluxo de información, desde que o gandeiro comunica a baixa ata que a xestora retira o animal, informando en tempo real de cada un dos pasos. Os datos sobre retirada e mortalidades comunícanse, agréganse e analízanse pola subdirección xeral de Sanidade Animal. Así mesmo, os datos agregados por tipo de gandaría e provincia compártense coa rede de veterinarios sentinela e á súa vez coas propias explotacións, que poderán comparar os seus cocientes con estas medias.

Máis información

Vídeo explicativo