Nova poxa de gando frisón, o 11 de maio en Sarria

Nova poxa de gando frisón, o 11 de maio en Sarria

Africor Lugo celebrará o vindeiro sábado 11 de maio unha nova poxa no mercado gandeiro de Sarria a partir das 12:00 horas. Poranse á venda vacas frisonas con todas as condicións sanitarias contrastadas.

A entidade organiza esta cita en colaboración coa Consellería do Medio Rural, Xenética Fontao, o Concello de Sarria e a Cooperativa Aira.