Novo curso en Boqueixón sobre cálculo e análise do custo de produción de leite

Novo curso en Boqueixón sobre cálculo e análise do custo de produción de leite

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Boqueixón, dependente da Consellería do Medio Rural, acollerá o 17 de xuño unha formación sobre a análise do custo de produción de leite. O curso realizarase de 15:30 a 21:00 horas.

O taller tratará aspectos teóricos e prácticos sobre os custos de produción de leite no sector gandeiro, ademais doutros conceptos vinculados a este ámbito. Con esta acción, pretenderse contribuír á formación adecuada de persoal cualificado para que accedan a un bo nivel para cumprir coa normativa actual. Trátase de achegar coñecementos de análises de xestión online e ensinar os conceptos básicos de xestión económica.

A través da páxina da Xunta pódese facer a preinscrición.