A unidade de leite da Granxa Gayoso (Castro de Ribeiras de Lea, Lugo) acolle unha formación sobre as novas alternativas forraxeiras para gando de vacún de leite. A sesión será o 8 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e terá entrada libre ata completar aforo.
A xornada abrirase con Ana Isabel Roca, do Grupo de Investigación-Agronomía e Ciencia Animal da EPSE (USC), que tratará o emprego de cultivos alternativos de inverno ao raigrás italiano. Logo, Miguel Fernández Labrada, do mesmo grupo de investigación, abordará as vantaxes da inclusión de leguminosas nas rotacións. Por último, Joel Presa, de Fertiprado, mostrará a importancia das forraxes biodiversas ricas en leguminosas.