O vindeiro sábado 25 de novembro celebrarase no Santana Hotel & Spa, en Vila do Conde (Portugal), un seminario sobre os novos desafíos e oportundades en calidade do leite, organizado polo Consello Portugués de Saúde do Ubre (CPSU).
O encontro comezará ás 9:30 horas e, xusto despois, haberá unha mesa redonda na que o tema a tratar será os principais desafíos en calidade do leite en Portugal. Ao longo do día, diferentes expertos abordarán diversos aspectos relacionados coa temática do evento. Participarán como oradores Vanessa Fagundes, Ema Roque, João Jacob-Ferreira, Isabel Maia, Carlos Noya, Volker Krömker e Adelaide Pereira.
Para participar, é necesario inscribirse a través desta ligazón.