O vindeiro martes 1 de febreiro UNIFORM-Agri organiza un seminario web para veterinarios e asesores, con dous veterinarios especialistas de Italia convidados, no que se explicará como o programa de xestión UNIFORM axuda no traballo de granxa a través de dous casos prácticos. A sesión comezará ás 14:00 horas e impartirase en inglés.
Os relatores serán Giovanni Centonze (Masti Project), que amosará como controlou e mellorou os casos de mastite e a saúde da ubre dunha gandería grazas ás ferramentas e análises de UNIFORM, e Cesar Paolucci (equipo veterinario San Martino), que abordará o control e a mellora da fertilidade mediante o uso de programas de sincronización en UNIFORM.