A concellaría de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira, da que é responsable María de los Ángeles Pais, organizou unha xuntanza na Estrada cos gandeiros da comarca. Silvestre José Balseiros, director xeral de Gandería e Industrias Alimentarias, e o alcalde da Estrada, José López, estiveron presentes no acto.
Durante o encontro houbo varias charlas e unha entrega de agasallos ás explotacións leiteiras gañadoras, con base nos datos de control leiteiro recollidos por Africor Pontevedra. O evento rematou cun xantar de confraternidade.