Parto triple de tres xatas para recriar na localidade leonesa de Algadefe

Parto triple de tres xatas para recriar na localidade leonesa de Algadefe

Esta mañá, Noelia Herrero, da gandería Herrero Méndez, de Algadefe (León), enviábanos esta imaxe dos seus sobriños Marcos e Carlos Arteaga Álvarez con Cactus, Burbuja e Pétalo, as tres xatas frisonas que naceron hai uns días na súa explotación.

Os dous mozos, de 15 e 13 anos, atenderon o parto no que axudaron a nacer ás dúas primeiras xatas. "A terceira naceu soa ao cabo dun tempo, porque non pensabamos que houbese tres crías", confirmábanos Noelia.

Son tres irmás frisonas dun parto triple, totalmente válidas para a recría, que proveñen dunha inseminación normal a unha frisona filla do touro Jactive, un feito nada habitual que causou a sorpresa destes gandeiros leoneses.