GANADERÍA PARLERO SC (ASTURIAS)

Pioneiros en apostar polo muxido robotizado

Cando ninguén muxía con robot, nin en Asturias nin en case no resto do país, en Parlero estaban convencidos de que o sistema funcionaría e deron os pasos oportunos para conseguir poñer en marcha a súa idea.

No número 27 da revista Vaca Pinta viaxamos a Valdés para saber como foron eses inicios e coñecer todos os detalles desta gandería familiar, que, ademais de traballar con frisonas, se lanzou á raza parda e á asturiana de la montaña.