Este fin de semana celebrouse a 13ª edición do Concurso de Gando Frisón de Euskal Herria en Tolosa (Guipúzcoa, País Vasco). O certame foi xulgado polo galego Bonet Cid Salgado.
Nas seccións de xatas e xovencas venceu o animal Ardeo Chief 1838 ET, da gandería Ardeo (Biscaia, País Vasco), mentres que nas de vacas, Planillo Delano Ruhm, de Planillo Holstein (Cascante, Navarra), proclamouse gran campiona da cita.