Ponderosa Holstein súbese ao podio no concurso de Quebec

Foto de: The Bullvine
Foto de: The Bullvine

Malia Ponde Dorothy, copropiedade de Ponderosa Holsteins, Ferme Malic e a gandería Levis, alzouse co título de xovenca campiona no concurso Supreme Red & White Holstein Show, que se está celebrando os días 24 e 25 de agosto Quebec (Canadá). O xuíz encargado de valorar este certame é o canadense Joel Phoenix.

Así mesmo, a gandería catalá Ponderosa Holsteins tamén gañou o título de mellor rabaño de xovencas.

Información de Alberto Medina