Presentación de 'Contaláctea', a plataforma de cálculo custos de explotacións lácteas de Galicia

Presentación de 'Contaláctea', a plataforma de cálculo custos de explotacións lácteas de Galicia

ACTUALIZACIÓN: A xornada foi cancelada ata novo aviso.

O martes 16 de novembro ás 12:00 a casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea acollerá a presentación de Contaláctea, unha plataforma posta en marcha pola Xunta de Galicia, en colaboración coa fundación Juana de Vega, CLUN, CAP da Coruña e a consultoría AgroNovo, como parte da estratexia de dinamización do sector lácteo galego. No acto intervirán José Balseiros, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, e José Manuel Andrade, director da fundación Juana de Vega.

Esta ferramenta axudará aos gandeiros lácteos a calcular os custos de produción, asi como o prezo do leite que deben percibir para cubrir os custos das súas explotacións, co obxectivo de fomentar unha xestión máis eficiente das ganderías galegas.