Xa coñecemos o programa da 39.ª edición de Feiradeza, que terá lugar nos próximos días 7, 8 e 9 de xuño na localidade pontevedresa de Lalín. Diversas autoridades asistiron hoxe ao acto de presentación da feira, que se desenvolveu en Lalín este mediodía.
O encontro arrincará o venres 7 coa inauguración da feira e co Concurso de Novos Preparadores de Gando, organizado polo Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia. O sábado pola mañá chega a quenda das xatas e das xovencas e, esa mesma tarde, entrarán na pista as vacas adultas; na sesión vespertina coñeceremos á gran campiona deste ano. O certame chegará á súa fin o domingo co Concurso de Novos Manexadores, tamén da man do Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia; ademais, durante este día terá lugar a XV Poxa de gando frisón.