PROePLA retoma as súas xornadas de análise do sector leiteiro

PROePLA retoma as súas xornadas de análise do sector leiteiro

Logo de varios anos de parón por mor da pandemia, o grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) do Campus Terra da USC organiza a xornada PROePLA 2023: Retos do sector lácteo. No ano 2019 foi a última vez que celebraron unha actividade destas características. Nesta ocasión, terá lugar o vindeiro mércores 25 de outubro no salón de actos da EPS de Lugo.

O encontro, no que se analizará o sector desde o punto de vista dos actores implicados, comezará ás 9:30 horas con dúas exposicións; a primeira, sobre os retos para o financiamento e, a segunda, sobre os retos para a sustentabilidade. Despois dunha breve pausa, o evento continúa con outras dúas charlas, sobre os retos para a produción e os retos para a innovación. Así, as entidades Abanca, Alltech, Aresa e Innogando formarán parte do acto. Finalmente, levarase a cabo unha visita a Granxa Gayoso Castro, para a que se poñerá a disposición transporte colectivo.

Para obter máis información ou resolver calquera tipo de dúbida, podedes escribir ao correo electrónico manuel.marey@usc.es