Xa está dispoñible a programación da 39ª. edición de Feiradeza, que se celebrará esta fin de semana en Lalín (Pontevedra). Nesta ocasión, poderase gozar de diferentes actividades entre as que destacan as seguintes:
O venres 7, a xornada arrancará co XXIX Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia e coa propia inauguración da feira.
O día seguinte comezará co concurso de xatas e xovencas ás 10:00 da mañá e rematará co de vacas de leite ás 19:00 horas. Ademais, pola noite poderase gozar dunha festa de peche desta nova edición de Feiradeza.
Finalmente, o domingo 9 poderase desfrutar do XLI Concurso de Xóvenes Manexadores, ademais dunha poxa de gando frisón. Tras a entrega de premios aos gañadores, clausurarase a feira.