Programado o XXIV Congreso Nacional de Zootecnica (Zootec) do 7 ao 9 de novembro en Póvoa de Varzim

Programado o XXIV Congreso Nacional de Zootecnica (Zootec) do 7 ao 9 de novembro en Póvoa de Varzim

O Espazo Agros, da Póvoa de Varzim (Portugal), acollerá do 7 ao 9 de novembro o XXIV Congreso Nacional de Zootecnia (Zootec), organizado pola Asociación Portuguesa de Enxeñería Zootécnica (APEZ) co apoio de Agros UCRL.

Reunirá unha ampla gama de profesionais, investigadores e estudantes, todos centrados na discusión e presentación dos máis recentes avances científicos, tecnolóxicos e prácticos no ámbito da ciencia animal. O tema central desta edición será o impacto da intelixencia artificial na produción animal e abordaranse outros aspectos como a nutrición animal, a reprodución, a mellora xenética, o benestar animal e o manexo, entre outros.

Ademais das ponencias de relatores invitados nacionais e internacionais, o evento incluirá sesións de presentación de traballos científicos e visitas técnicas, proporcionándolles aos participantes unha plataforma para afondar nos seus coñecementos e interactuar con colegas de profesión, investigadores e estudantes.

Para máis información sobre o Zootec 24, podes visitar o sitio oficial do evento: www.zootec.apez.pt, que está en constante actualización.