Xa están dispoñibles as valoracións nacionais xenómicas, tradicionais e internacionais MACE e G-MACE, así como dos touros rexistrados en Conafe a través de SINBAD. En total están avaliados 170.663 touros holstein. Destes, en caracteres de produción 4.723 teñen proba nacional con fillas, 4.810 nacional sen fillas (só xenómica), 154.568 MACE e o resto GMACE.
A clasificación dos mellores touros por ICO está encabezada por Mandy Kodak ET (4.670), Nemo G Santi ET (4.417) e Salvus ET (4.389).
- Listaxe dos 100 mellores touros por IM€T Leche
- Listaxe dos 100 mellores touros por IM€T Queixo
- Listaxe dos 100 mellores touros por IM€T Pasto
- Listaxe dos 100 mellores touros por IM€T Eco
A clasificación dos mellores touros xenómicos por ICO está encabezada por CMP Gabrielle De Chanel ET (5.389), Glax Delta ET (5.358) e Starmax ET (5.339).
- Listaxe dos 100 mellores touros xenómicos por IM€T Leite
- Listaxe dos 100 mellores touros xenómicos por IM€T Queixo
- Listaxe dos 100 mellores touros xenómicos por IM€T Pasto
- Listaxe dos 100 mellores touros xenómicos por IM€T Eco
Ademais, Conafe tamén compartiu as listas combinadas de todos os touros probados e xenómicos internacionais adaptados á escala das vacas nacionais.