A organización da 38.ª Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que se celebrará os días 1, 2 e 3 de abril nesta localidade lucense, dá a coñecer o cartel desta nova edición.
Durante os tres días terá lugar a vixésimo sexta edición do tradicional Concurso de Gando Frisón da Moexmu e tamén se xulgará o XXX Concurso Autonómico da Raza Frisoa Fefriga 2022, que xa estaba previsto que se celebrase na Moexmu en abril de 2020, pero a pandemia obrigou a cancelar os plans.
Durante a feira terá lugar, como é habitual, a XXXVI Exposición de Gando de Raza Loura Galega e a XXVI Poxa de Gando Selecto.