O exemplar propiedade de Qualileite (Ovar), QL Alum 1311, foi elixido vaca gran campiona do Concurso da Raça Holstein Frísia de Trofa polo xuíz Pol Collell. En segunda posición quedou QL Unix 2641, tamén de Qualileite. O certame celebrouse a pasada fin de semana en Trofa.