Que pasaría se non existisen as vacas?

Que pasaría se non existisen as vacas?

O documental World Without Cows (Un mundo sen vacas) presentou o seu tráiler oficial. Esta peza audiovisual explora as complexas e sorprendentes formas nas que o gando impacta no noso mundo. A través de entrevistas con expertos no sector agropecuario e as ciencias medioambientais, o documental examina a importancia cultural e económica das vacas, o seu papel na nutrición das persoas e o seu impacto no clima. 

Os directores desta obra son Michelle Michael y Brandon Whitworth, dous xornalistas que viaxan polo mundo contando historias sobre o sector. Hai tres anos embarcáronse nesta aventura impulsados, en parte, pola narrativa negativa e carente de fundamento científico que prevalece ao redor do ganado. Percorreron máis de 40 lugares de todo o mundo, dende Estados Unidos ata Kenia, India ou Brasil. A pretensión era encontrar respostas á seguinte pregunta: "Estariamos mellor nun mundo sen vacas?". 

Numerosos científicos agrícolas e ambientais, agricultores, gandeiros, académicos e outros expertos ofrecen unha mirada próxima ao impacto das vacas e as posibles consecuencias da súa eliminación. Amosan unha análise dende unha perspectiva cultural, social, económica, nutricional e medioambiental. O debate está baseado na ciencia e pon de manifesto a profunda dependencia do gando en moitas rexións do mundo, o desafío de alimentar a unha poboación mundial en constante expansión, o valor esencial da proteína animal e a relación entre o gando e o medio ambiente, incluído o seu impacto na biodiversidade, a saúde do solo e a captura de carbono. 

O documental de 85 minutos de duración comezou a estrearse nalgúns festivais de cine estadounidenses e planifícanse máis presentacións noutros encontros da sétima arte. Trátase dunha produción de Alltech a través de Planet of Plenty.