Esta fin de semana, o equipo español, organizado polo Club de Xóvenes Gandeiros e a Federación Frisona Galega, coa colaboración de CLUN, alzouse campión do maior concurso de manexo de Europa, o Young Breeders School (YBS), celebrado en Battic (Bélxica).
Os seis mozos galegos protagonistas desta fazaña son María e Andrea Otero, da granxa Fontixón (Castro de Rei, Lugo); Lorena Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo); Alba López, de Gandería Quintián (O Páramo, Lugo); Simón Blanco, da Gandería Queirugueira (Val do Dubra, A Coruña); e Xabier Montes, de Casa do Rei (Rodeiro, Pontevedra).
Desde a redacción de Vaca Pinta trasladámoslles unha vez máis os nosos parabéns e facemos un repaso por todas as súas ganderías, pois foron parte de diferentes reportaxes xa publicados na nosa revista e na nosa sección de vídeos de Vaca TV.




