Regalamos millo para sementar unha hectárea de terreo no noso sorteo!

Regalamos millo para sementar unha hectárea de terreo no noso sorteo!

LG Seeds sortea dous premios compostos de dous sacos de semente de millo para ensilado (equivalente a unha hectárea) e un pack de produtos (chaleco petos, gorra e máscara) entre os participantes nun breve cuestionario sobre as rutinas de sementeira. Os interesados poden cumprimentar ata o vindeiro luns 19 de abril. 

Nos días seguintes realizaremos o sorteo e daremos a coñecer o nome dos dous premiados a través da nosa páxina web. Así mesmo, contactaremos directamente con eles e, no caso de que nos 7 días posteriores á súa notificación non recibísemos resposta por parte dalgún dos gañadores, o premio será asignado automaticamente á persoa (ou persoas, no caso de que non se produza resposta por parte de ningún dos dous gañadores) que saíse como suplente no sorteo.