Representantes das asociacións europeas da raza parda celebraron onte en Celje (Eslovenia) unha reunión do comité técnico e a asemblea anual da Federación Europea da Raza Parda Brown Swiss (EBSF).
Entre outros acordos adoptados, decidiron outorgarlle a organización do próximo Congreso Europeo, que se leva a cabo de forma rotativa entre todos os estados membros cada catro anos, á Asociación Española da Raza Parda Brown Swiss (Arapar) e terá lugar en España no 2026.
A Federación Europea da Raza Parda creouse en Lucerna (Suíza) o 10 de maio de 1964 e, na actualidade, son oito os países que forman parte como membros ordinarios: Alemaña, Austria, Eslovenia, España, Francia, Italia, Romanía e Suíza. Uníronse como extraordinarios Bulgaria, Ucraína e República Checa. O obxectivo da Federación é promover o desenvolvemento da raza Brown Swiss mediante o intercambio de información e de coñecementos prácticos entre os países membros e as institucións que se ocupan da promoción científica e técnica da cría de animais.