O xuíz suizo Marcel Egli acaba de elixir a Rey 1239 Chief Divina, propiedade da granxa SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo), como xovenca gran campiona do certame internacional Gandagro 2025 e tamén da competición rexional de Galicia.
O concurso continúa esta tarde, a partir das 15:30 h no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda (Pontevedra), coas seccións das vacas.