O director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo José Durán Rodríguez, encargarse de inaugurar a 41.ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), prevista para os días 4, 5 e 6 de abril de 2025.
Durán é especialista en dereito administrativo e, dende 2013, dirixe a Fundación Semana Verde de Galicia, que ten a súa sede no municipio pontevedrés de Silleda. A entidade xestiona o recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, que cada martes organiza un mercado de gando, entre outros eventos destacados como a propia Semana Verde ou a Abanca Cimag-GandAgro.
Actualmente, Ricardo Durán é tamén presidente da Asociación Galega de Feiras e Eventos (Agafe) e vicepresidente da Asociación Nacional de Mercados de Gando (Asemga).
Durán toma o relevo de Carlota López Pardo, vicepresidenta do Grupo Aresa, que realizou o pregón na última edición.