Santa Comba celebrará a súa XXII Poxa de Gando Frisón o domingo 21 de xaneiro

Santa Comba celebrará a súa XXII Poxa de Gando Frisón o domingo 21 de xaneiro

O recinto feiral da localidade coruñesa de Santa Comba acollerá a vixésimo segunda edición da súa Poxa de Gando Frisón o domingo 21 de xaneiro a partir das 11 horas da mañá.

No marco desta celebración, tamén se levarán a cabo unhas xornadas técnicas agrícolas no edificio multiusos, que terán lugar o venres 19 de xaneiro. Darán comezo cun relatorio sobre o veterinario de explotación, organizado pola Cooperativa Xallas. Gerardo Rivero e José Antonio Varela, membros de Servizos Oficiais da Xunta de Galicia, serán os encargados de explicar as diferentes actualizacións sobre prescricións e o uso de medicamentos. A segunda parte da mañá, organizada por Africor Coruña, correrá a cargo de Ramiro Fouz, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, quen falará da mellora da rendibilidade da granxa cos datos de control leiteiro.

Programa